martes, decembro 12

A SANTA COMPAÑA

       A Santa Compaña era unha procesión de mortos en pena que aparecían na noite de San Xoán o 24 de xuño a partir das doce da noite recorrendo así as rúas das vilas. Pode anunciarse en calquera lugar pero coincide que é a anunciadora da morte.
       A Pepe apareceúselle a Santa Compaña o 24 de Xuño, el dirixíase ao bar despois de cear para tomar algo cos seus amigos, ata que escoitou o son dunha campá e a xente rezando un rosario, detívose a mirar que podería ser, de súpeto, aparecéronselle varios mortos vestidos con traxes brancos cunha cruz e con auga bendita. Asustado, marchou correndo para a casa xa que na súa aldea tiñan comentado sobre a Santa Compaña. Falouno con seus pais xa que tiña medo a que alguén da súa familia falecese ese ano.
       Co paso dos días, Pepe e mais a súa familia, buscaron información de como podían facer para que ninguén da familia falecese. Buscaron durante moito tempo, e atoparon que si se subía aos chanzos dun cruceiro ou que se facía un círculo no chan e se colocaba dentro, a maldición desaparecería. Uns días máis tarde, probaron a seguir os pasos do que encontraran xa que non perdían nada aínda que non saberían se funcionaría ou non. Pasado o ano de aquela noite, non falecera ninguén na casa de Pepe, dándose así de conta de que a maldición desaparecera.








martes, novembro 14

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?

                                   


                                                    ASÍ SON EU: COMO ME VEN?
Aldara, compañeira:
    
        Ana é una rapaza simpática e alegre, gústame pasar con ela os venres para ir pasar o rato e falar con ela sobre todo no autobús de camiño e a volta do instituto. Ela e moi cariñosa aínda que ten un carácter un pouco forte...


Paula, mellor amiga:
     
         Ana é una rapaza con moito carácter, a veces algo borde nas formas de falar, pero di as cousas como ten que dicilas, gústalle o fútbol, nela podese confiar e que sempre esta ahí, e moi agradable e un pouco tímida coa xente que non coñece, e para dicir algunas cousas. Gústalle estar cos seus amigos, xogar as cartas, estar todos xuntos, pasase a maioría do tempo rindo, aínda que ela e una rapaza que se preocupa moito por as cousas e  enfadase rápidamente...

GUSTAME, NON ME GUSTA




GUSTAME:
          
        A música, escoitar a choiva pola noite, pasar as tardes cos amigos, pasar as celebracións en familia, as reunións todos xuntos, coñecer lugares novos, a praia, o cheiro do mar, os perfumes masculinos, os suadoiros de home, gozar os momentos, os partidos de fúbol, a cor azul, durmir ata tarde, os animais, a bioloxía, estudar o que me gusta, o frio, a neve, as tatuaxes pequenas, as películas de medo...


NON ME GUSTA:
        
         As despedidas, os malos recordos, que o ceo estea gris, os raios, os tronos, a calor, pasar os días na casa sen saír, enfermar, os vexetais, o peixe, estudar cousas de moito tempo, o inglés, discutir coa miña nai, pelexar coa miña irmá, os problemas cos estudos, madrugar, os pesadelos, que a xente fale a vez, as persoas moi altas, o baloncesto, as barbas, durmir cedo, non gozar, rir en momentos serios, as películas románticas...