martes, decembro 12

A SANTA COMPAÑA

       A Santa Compaña era unha procesión de mortos en pena que aparecían na noite de San Xoán o 24 de xuño a partir das doce da noite recorrendo así as rúas das vilas. Pode anunciarse en calquera lugar pero coincide que é a anunciadora da morte.
       A Pepe apareceúselle a Santa Compaña o 24 de Xuño, el dirixíase ao bar despois de cear para tomar algo cos seus amigos, ata que escoitou o son dunha campá e a xente rezando un rosario, detívose a mirar que podería ser, de súpeto, aparecéronselle varios mortos vestidos con traxes brancos cunha cruz e con auga bendita. Asustado, marchou correndo para a casa xa que na súa aldea tiñan comentado sobre a Santa Compaña. Falouno con seus pais xa que tiña medo a que alguén da súa familia falecese ese ano.
       Co paso dos días, Pepe e mais a súa familia, buscaron información de como podían facer para que ninguén da familia falecese. Buscaron durante moito tempo, e atoparon que si se subía aos chanzos dun cruceiro ou que se facía un círculo no chan e se colocaba dentro, a maldición desaparecería. Uns días máis tarde, probaron a seguir os pasos do que encontraran xa que non perdían nada aínda que non saberían se funcionaría ou non. Pasado o ano de aquela noite, non falecera ninguén na casa de Pepe, dándose así de conta de que a maldición desaparecera.








Ningún comentario:

Publicar un comentario